HomesociedadeSeguen baixando os casos activos na provincia polas altas nos domicilios

Seguen baixando os casos activos na provincia polas altas nos domicilios

O número de casos activos de coronavirus en Galicia volveu a baixar por quinto día consecutivo, ata situarse en 2.074 persoas (105 menos que as notificadas este mércores).

Publicado o

- Advertisement -

Este xoves, 14 de maio, a provincia de Lugo conta con 117 casos activos de coronavirus, 7 menos ca onte, dos que 4 están na UCI, igual ca onte; todos eles no HULA. 1 persoa segue en hospitalización na provincia, igual ca onte. A persoa hospitalizada está no HULA. O Hospital Comarcal de Monforte mantense desde o día 15 de abril sen hospitalizados por Covid19.

112 persoas están nos seus domicilios con diagnóstico positivo, 7 menos ca onte. Desde o comezo da crise, na provincia lévanse producido 770 altas e mantéñense os falecementos en 27.

Na zona sur da provincia, as residencias de anciáns seguen libres da Covid19 e nos centros de atención a persoas con dicapacidade; mantéñense como casos activos 10 usuarios e 4 traballadores da Domusvi de Bóveda.

O número de casos activos de coronavirus en Galicia volveu a baixar por quinto día consecutivo, ata situarse en 2.074 persoas (105 menos que as notificadas hai un día), mentres que os pacientes curados incrementáronse ata os 8.157, segundo os datos trasladados ese xoves pola Consellería de Sanidade.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...