HomesociedadeDetido no Saviñao por plantar marihuana en Becerreá

Detido no Saviñao por plantar marihuana en Becerreá

Na mañá deste martes procedeuse á detención dun varón de 24 anos, veciño do Saviñao (Lugo) como suposto autor dun delito de cultivo de drogas tóxicas nunha vivenda en Becerreá.

Publicado o

- Advertisement -

Incáutanse dun total de 27 plantas de marihuana en Becerreá. Ademais das plantas cun peso neto de 1,5 quilogramos, na vivenda contábase con todo o necesario para a distribución polo miúdo.

Alí a Garda Civil acha indicios que conectaban a plantación co arrendatario da vivenda, o cal á súa vez foi vítima do roubo de parte da plantación durante a madrugada do día 14 de maio, aproveitando que este regresou ao seu domicilio habitual.

Na mañá deste martes procedeuse á detención dun varón de 24 anos, veciño do Saviñao (Lugo) como suposto autor dun delito de cultivo de drogas tóxicas, castigado con ata 3 anos de prisión e multa de ata catro veces o valor da substancia incautada, o cal quedou ao dispor do Xulgado de Instrución de Becerreá.

A investigación continúa aberta, para esclarecer a identidade das persoas que puideron subtraer parte da plantación do detido. Con esta operación desarticulouse un punto de cultivo, elaboración e distribución de drogas na Comarca dos Ancares, que fornecía especialmente a mozas e que causaba gran alarma social entre os veciños da zona.

ÚLTIMAS

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...

Marta Marqués e Alberto Fidalgo, campións galegos de Marcha Nórdica

Manzaneda acolleu o pasado 3 de outubro a 2ª Copa Galega de Marcha Nórdica,...

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...