Homesociedade6 usuarios curados na Domusvi de Bóveda

6 usuarios curados na Domusvi de Bóveda

A DomusVi de Bóveda vén de comunicar a curación de 6 usuarios deste centro de atención a persoas con discapacidade que aínda conta con 4 usuarios infectados e 3 traballadores.

Publicado o

Este sábado, 23 de maio, a provincia de Lugo conta con 56 casos activos de coronavirus, 4 menos ca onte, dos que 2 están na UCI, igual ca onte; todos eles no HULA. 53 persoas están nos seus domicilios con diagnóstico positivo, 4 menos ca onte. Desde o comezo da crise, na provincia lévanse producido 860 altas e mantéñense os falecementos en 27. 
A DomusVi de Bóveda vén de comunicar a curación de 6 usuarios deste centro de atención a persoas con discapacidade que aínda conta con 4 usuarios infectados e 3 traballadores. O número de vítimas mortais do coronavirus en Galicia elevouse a 612 tras a confirmación nas últimas horas de dous novos casos rexistrados en hospitais galegos. Segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade, trátase dun home de 79 anos ingresado no CHUAC e dunha muller de 88 anos que permanecía no CHUO. Os dous presentaban patoloxías previas

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...