Homesociedade40.000 euros para a restauración da igrexa de Atán

40.000 euros para a restauración da igrexa de Atán

A Xunta inicia a tramitación para contratar as novas obras de restauración da Igrexa de Santo Estevo de Atán por un importe de máis de 40.000 euros, un relevante ben de interese cultural, pertencente ao ámbito territorial da Ribeira Sacra.

Publicado o

- Advertisement -

Neste monumento, a Consellería de Cultura, a través da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, acometeu diversas actuacións entre os anos 2002 e 2015, encamiñadas á consolidación e recuperación do edificio e a súa contorna e á restauración das pinturas murais. Para completar as devanditas actuacións era preciso mellorar a súa contorna e o estado do adro de acceso ao templo, así como revisar as condicións de mantemento das pinturas do edificio.

Ao abeiro da intervención licitada, reconstruiranse os muros existentes na contorna da igrexa; comprobarase o funcionamento e a eficacia do sistema de evacuación de pluviais e da drenaxe perimetral; realizaranse diferentes actuacións de limpeza e a substitución dos morteiros do muro sur; aumentarase a separación dos vidros para mellorar as condicións de ventilación no interior do inmoble, e acometerase un mapeo das pinturas murais, así como a toma de mostras, analíticas e operacións de consolidación urxentes que sexan precisas. Estas intervencións executaranse nun prazo de seis semanas e contribuirán a resolver os problemas detectados na igrexa e a poñela en valor.

Destacado monumento románico

As primeiras referencias de asentamentos eremitas nestas terras apuntan á época sueva, aínda que non sería ate os séculos XII ou XIII cando se construíu esta igrexa románica, como parte dun mosteiro hoxe inexistente. En épocas posteriores realizáronse diversas obras de reforma. Na actualidade, o templo está restaurado e consolidado.

A igrexa de Santo Estevo de Atán conta cunha soa nave cuberta a dúas augas. A ábsida, rectangular, está cerrada por unha bóveda de canón. En diversos puntos dos seus muros pódense distinguir inscricións e marcas, presumiblemente realizadas polos canteiros que traballaron na súa construción. A porta oeste, máis ampla que a norte, componse de tres pares de columnas que sosteñen arquivoltas lixeiramente apuntadas sobre un tímpano liso. Outros elementos de interese son a decoración do beirado ou ás ventás de estética primitiva de que se atopan no arco de acceso á ábsida e nos muros da reitoral.

ÚLTIMAS

‘Día de Bruxas’: unha emotiva e máxica xornada que homenaxeou á ‘Meiga de Torbeo’

A aldea de Torbeo foi, o pasado 18 de outubro, protagonista dunha xornada cultural...

Comeza unha nova tempada do Programa Integrado de Emprego de Chantada

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada (PIE) inicia a súa actividade...

A Pobra do Brollón celebra o Día da Biblioteca con actividades o 23 e 24 de outubro

Andrea Nunes Brións, nada en 1984 en Marín, é activista, escritora e profesora de...

“Perdida no labirinto” de Violeta Bernardo amplía o proxecto de Soterradas en Tor

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, acompañado da xerente da Rede Museística...