HomeTerra de LemossanidadeA CIG Saúde demanda incrementar o Servizo de Admisión do Hospital de...

A CIG Saúde demanda incrementar o Servizo de Admisión do Hospital de Monforte

A Central Sindical CIG-SAÚDE no Hospital público de Monforte, demanda o incremento da plantilla do Servizo de Admisión Central do Hospital en dúas persoas.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo o sindicato, o traballo neste servizo víuse incrementado cando se lle traspasaron funcións que se estaban a facer en Inspección de traballo, e mesmo no xulgado. Ao que se engade a reprogramación das citas por mor da COVID-19. Nesta situación ao persoal cústalle cada vez mais desenvolver as súas tarefas, segundo o sindicato.

Incremento nas cargas de traballo que agora ten este servizo:

  • Traballo que antes se facía en Inspección; Diálisis: Tramitar o papeleo e conseguir o transporte sanitario, Osíxeno: hai que entrar nun programa específico e entrevistar ao paciente, Ambulancias: Controlar si hai ambulancias pendentes de algún trámite, Logopedia: Localizar á xente e conseguir a cita, Cordales: Moas do xuizo que hai que enviar a Polusa e facer todos os trámites, Ondas de choque: Tramitarlle aos pacientes a posiblidade de ir a Lugo a facer este tratamento que non hai aquí.
  • Traballo engadido a maiores; Importación exportación de probas de imaxe(Bydicom), Creación da Historia Clínica na área sanitaria de Vigo dos residentes e do persoal das residencias de maiores da área de Monforte para pedir probas da COVID 19, IVE: Entrevista ás pacientes que teñen necesidade de interrumpir o embarazo e buscar o hospital onde poden acudir, Sacar listado de todas as consultas e engadir as pegatinas correspondentes, Programa contacnova: xente que pide o cambio on line de cita e que hai que atender, Rexistro de recén nados que antes facíase no xulgado.
  • Traballo que se viña facendo en Admisión habitualmente; Tramitación de probas a outros centros e comunicación da cita cando chega, Creación/ mantemento da axenda, horarios, bloqueos, reprogramacións (aumentou moitísimo por mor da COVID), Citas, buzóns, Quirófano de dermatoloxía: Listas de espera e mecanizar no ordenador, Creación de Historias Clínicas cando o paciente non a ten, e sacar as correspondentes pegatinas de toda a actividade que se fai a maiores, Traslados: Chamar a outros centros para saber si aceptan o traslado, SIFCO: Probas que se fan fóra da comunidade, Atención telefónica: Principalmente para dar citas, Programa QUERES: Atender as reclamacións que se fan no Hospital.

A CIG Saúde asegura que os traballadores se ven impotentes para facer todo o traballo, “tamén a xefa do servizo está botando unha man para sacar o traballo adiante, tendo asi que desatender algunha das súas funcións como xefa. Queremos salientar que o de pedir citar a pacientes de hoxe para mañá é unha práctica recurrente neste servizo o cal redunda nunha mala organización.”

Lembran que neste servizo hai uns anos se amortizou unha praza de auxiliar administrativo, co cal xa arrastra un déficit de persoal e insiten que despois da COVID-19 “quedou demostrado que nos hospitais hai un déficit de persoal enorme, este é un bo momento para empezar a mellorar as plantillas.”

ÚLTIMAS

Completo programa para exaltar o aceite de Quiroga os días 14 e 15 de marzo

O sábado, 14 de marzo, a mostra abrirase co “III Congreso arredor do Aceite...

O Enterro da Sardiña despide o Entroido en Monforte

O tradicional Enterro da Sardiña puxo este mércores pola tarde o peche ao Entroido...

A Torre da Homenaxe monfortina lembrará o ‘Día Mundial do Colangiocarcinoma’

O Concello de Monforte colabora coa iniciativa da Asociación de Tumores de Vías Biliares...

“Memorias dun neno labrego”, este 19 de febreiro no Multiusos de Monforte

Nova cita co teatro este xoves, 19 de febreiro ás 20.15 horas, no Edificio...