HomesociedadeA residencia do malecón en Monforte incorpora nova directora

A residencia do malecón en Monforte incorpora nova directora

A residencia de persoas maiores de Monforte de Lemos, dependente da Consellería de Política Social, incorpora este xoves, 4 de xuño, a Carmen Martínez Brión como nova directora do centro.

Publicado o

- Advertisement -

Martínez Brión é licenciada en Dereito e funcionaria de carreira. Prestou servizos en distintas áreas da Administración da comunidade autónoma e conta con experiencia en postos de xestión vinculados á Consellería de Política Social.

A residencia de maiores da Xunta en Monforte de Lemos, situada no Paseo do Malecón, ten 42 prazas para residentes e nela traballan 25 persoas. A nova directora dá o relevo ao anterior responsable, Isaac López Somoza, que se xubilou.

ÚLTIMAS

Comezan as Festas Patronais de Chantada que celebran o 23 o Folión de Carros e o pregón

O Concello de Chantada celebra as súas Festras Patronais na honra á Virxe do...

Monforte pecha as Feiras do Libro en Galicia

As casetas presentes nesta edición son as de A Gata Tola (Santiago de Compostela),...

Este 22 de agosto XV Feira de Artesanía e Produtos da Terra do Incio

Os expositores abrirán os stands ás 11:00h para media hora dar comezo aos obradoiros...