HomePolíticaAgroma Sober reivindica impulsar un modelo turístico "non depredador"

Agroma Sober reivindica impulsar un modelo turístico “non depredador”

Segundo Agroma Sober, a crise revitalizará o turismo interno e propiciará formas de visita en pequenos grupos e o turismo rural e alugueiro de casas, "o que pode provocar unha afluencia masiva en agosto."

Publicado o

- Advertisement -

O turismo é dos sectores máis afectados pola crise do coronavirus, pero desde Agroma Sober consideran que tamén é unha oportunidade para mudar de modelo, e avanzar nun xeito de facer “turismo non depredador, con alto valor engadido e que dea unha oportunidade a lugares coma Sober.”

Agroma Sober sinala que os negocios relacionados co turismo están situados na incerteza e no caso do concello de Sober, piden que se lles apoie desde a administración local con promoción e acompañamento para acadar un turismo seguro a nivel sanitario e que deixe valor engadido en Sober. A este respecto presentan unha moción solicitando:

  • Dirixirxe á Deputación Provincial de Lugo, á Xunta e ao Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra para promover campañas potentes de formación en relación á prevención da COVID 19.
  • Dirixirxe á Deputación Provincial de Lugo, á Xunta e ao Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra para facer campañas e paquetes de promoción do turismo interprovincial.
  • Reunir a Comisión Municipal de Turismo á maior brevidade posible para debater sobre o modelo turístico e medidas para afrontar as vindeiras tempadas entre os axentes turísticos do Concello.
  • Potenciar as rutas de sendeirismo e turismo activo, mantendo limpas as mesmas e con sinalización axeitada, adecuando as existentes e pensando en novos sendeiros, en colaboración coas asociacións culturais e veciñais da zona, así como co sector turístico.
  • Dotar as rutas e zonas turísticas con sinalización oportuna relativa á prevención da COVID 19 (rutas dun só sentido, cartelería informativa sobre as normas sanitarias, límite de aforos en tramos e elementos, ordenación de camiños, etc), de acordo co Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.
  • Apostar por códigos QR para a información turística.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...