HomesociedadeSober moderniza a rede de saneamento e optimiza o consumo da auga

Sober moderniza a rede de saneamento e optimiza o consumo da auga

O Concello de Sober inviste 40.000 euros nas obras de modernización da rede de abastecemento e implantación dun sistema de control para a optimización do consumo de auga potable.

Publicado o

- Advertisement -

A obra de modernización da rede interna do depósito e telexestión do sistema contou cun investimento de 40.000 euros con cargo o Plan Único de 2019 e supuxo unha importante mellora nas instalacións municipais.

As obras permiten que agora se poida controlar o consumo por zonas e detectar posibles fugas ou enganches ilegais. O Concello vai facer un estudo minucioso por tramos para detectar este tipo de anomalías e impor sancións a quen incumpra.

Ao mesmo tempo recórdase a importancia dun consumo de auga ordenado e a prohibición de regar, lavar coches ou encher piscinas con auga da traída, entre outras posibles ilegalidades.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...