Homesociedade7 curados da Covid19 na provincia e 114 en Galicia

7 curados da Covid19 na provincia e 114 en Galicia

O número de casos activos de COVID-19 en Galicia reduciuse en 108 e sitúase en 357 en Galicia, mentres que as persoas curadas aumentaron ata as 10.470, o que supón 114 máis que este xoves. A provincia conta con 22 casos activos.

Publicado o

- Advertisement -

A provincia de Lugo rexistra un novo descenso de casos activos, este venres, 12 de xuño, Sanidade informa de 22 casos totais de coronavirus, 7 menos ca onte. Ningunha persoa permanece na UCI e só unha se atopa en planta no HULA. As 21 persoas restantes cúranse da enfermidade nos seus propios domilicios (sete menos ca onte). Os datos oficiais refiren na provincia 913 altas e 28 facelementos total desde o inicio da pandemia da Covid.

O número de casos activos de COVID-19 en Galicia reduciuse en 108 e sitúase en 357 en Galicia, mentres que as persoas curadas aumentaron ata as 10.470, o que supón 114 máis que este xoves. Do total de pacientes positivos, oito permanecen en unidades de hospitalización –tres menos que este xoves– e 349 en seguimento domiciliario –105 menos–, mentres as UCI galegas se manteñen sen pacientes con COVID.

Dos 357 casos positivos en Galicia, 148 corresponde á área de Vigo –36 menos que o xoves–; 105 á da Coruña –os mesmos–; 34 á de Santiago –58 menos–; 28 á de Ourense –tres menos–; 22 á de Lugo –sete menos–; 12 á de Ferrol –un menos– e 8 á de Pontevedra –tres menos–.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...