HomePolíticaMáis de 1 millón de euros para arranxar as pistas das parroquias...

Máis de 1 millón de euros para arranxar as pistas das parroquias de Monforte

O alcalde fixo pública unha listaxe de estradas urbanas e pistas rurais da periferia que serán beneficiadas.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Monforte vai investir máis dun millón de euros en mellorar 108 pistas das parroquias do concello.

Estas obras está previsto que se adxudiquen durante a primeira quincena de agosto, polo que os traballos comezarán en setembro e contarán cun presuposto de 600.000 euros.

As estradas da vila que serán beneficiadas con estas obras son a Rúa Vigo, Travesía Cobas, Abeledos-Fabeiro, Rúa Extremadoiro, parte final de Xoan Montes, Piñeira entre o río a vía do ferrocarril e Pacios, en Ribasaltas, dende o campo de golf ata o Morín.

Por outra banda, as pistas da periferia que van ser arranxadas son 22: Codesán1, Codesán 2, Codesán 3, Antolín López Peláez, Raimundo PAtiño, Vicente Risco, Vicente Risco-Pintor Luis Seoane, Luis Freire, Castro Dactonio, A Veiga, Río Antiga, ITV-Residencia, Travesía do Sil, Pista das Cortñas, Rúa Viña Vella, Camiño das Carriozas, Camiño de Pontepando, Camiño da Barxa, Travesía de Xoan Montes, As Lamas, Pista das Carriozas e Camiño Ramón Piñeiro.

Finalmente, as parroquias monfortinas que van ter as estradas arranxadas son; Baamorto, Bascós, Caneda, Chao do Fabeiro, Distriz, Fiolleda, Gullade, Marcelle, Moreda, A Parte, A Penela, Piñeira, Reigada, Ribasaltas, Rozavales, San Xulián de Tor, Santa Mariña, Seoane, Sindrán, A Vide e Vilamarín.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...