HomeCulturaEntrega de diplomas e premios do concurso de carteis Folión de Carros...

Entrega de diplomas e premios do concurso de carteis Folión de Carros 2020

Publicado o

- Advertisement -

Este xoves, 25 de xuño, a partir das 19:00h., na Casa da Cultura de Chantada, a Asociación Cultural Amigos do Folión entrega os diplomas a todas as persoas participantes no Concurso de Carteis Folión de Carros 2020.

Farase tamén entrega do premio para a autora do cartel vencedor, que servirá de cartel anunciador para o Folión de carros 2020. A persoa gañadora nesta edición foi artista Sara de Sousa. O xurado estivo composto por Laura Vázquez, Segundo Navaza, Jon González, Cristina Ouro, Tamara Prado e José Manuel González.

A Asociación Amigos do Folión organizará unha Mostra cos carteis históricos anunciadores do Folión de Carros e o conxunto dos carteis presentados nesta edición. A mostra será visitable durante todo o mes de agosto na Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Chantada

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...