HomesociedadeAchega de 25.000 euros da Deputación ao destino Ribeira Sacra

Achega de 25.000 euros da Deputación ao destino Ribeira Sacra

Deputación de Lugo e Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra renovan convenio de colaboración para impulsar a proxección turística da zona sur da provincia e a súa dinamización socioeconómica.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A institución provincial achega 25.000 euros para cooperar co financiamento dos gastos de funcionamento do Consorcio e as actividades e proxectos que desenvolve para impulsar e visibilizar este destino turístico, seleccionado ademais para ser declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco no 2021.

Na Ribeira Sacra, o turismo é unha fonte de desenvolvemento económico e de riqueza para o territorio. A través deste convenio de colaboración co organismo turístico da Ribeira Sacra, a institución provincial favorece a consolidación das iniciativas que está a levar a cabo como a organización de eventos, o deseño de programas de actividades para atraer  visitantes e desestacionalizar o turismo, a aposta polas novas tecnoloxías e a potenciación da imaxe de marca.

Patrimonio da Humanidade e Reserva da Biosfera

O Presidente adiantou que potenciará a colaboración da Deputación coa Ribeira Sacra tendo en conta as declaracións a Reserva da Biosfera e Patrimonio da Humanidade ás que aspira, e que suporán “unha gran oportunidade para darlle un gran espaldarazo ó turismo da zona sur, pero tamén do conxunto da provincia”.

Pola súa banda, o presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra agradeceu “a aposta positiva que está a facer a Deputación polo noso territorio porque nos estamos xogando dous partidos moi importantes, como son as candidaturas a Reserva da Biosfera e Patrimonio da Humanidade”.

ÚLTIMAS

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...

Marta Marqués e Alberto Fidalgo, campións galegos de Marcha Nórdica

Manzaneda acolleu o pasado 3 de outubro a 2ª Copa Galega de Marcha Nórdica,...

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...