HomesociedadeSober contra a violencia de xénero

Sober contra a violencia de xénero

O Concello de Sober inicia a semana próxima as actividades enmarcadas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. As accións están destinadas aos nenos e nenas que participan no campamento de verán ‘Coñece o teu Concello’ organizado polo Goberno local.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O rexedor, Luis Fernández Guitián, explica que “dende o Concello de Sober tratamos de responder a acusada necesidade de concienciar e sensibilizar respecto a dita problemática en todas as súas expresións, tanto visibles coma non visibles”. 

Por elo, precisa, “queremos participar de maneira directa na loita contra esta lacra, realizando unha serie de actividades socio-educativas de prevención da violencia de xénero destinadas aos máis cativos”.

As actividades están financiadas pola Secretaría de Estado de Igualdade no marco do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero e foron valoradas e propostas pola educadora social Selene Arias Sáez.

campamento Sober / Concello de Sober

As actividades serán as seguintes: 

  • Xoves 16 de xullo, no campamento de verán do Concello, teatro con sombras: elefantes/as do presente.
  • O 23 de xullo, no campamento de verán do Concello, busca do tesouro: na procura da igualdade.
  • Xoves 30 de xullo, no campamento de verán do Concello, dinámicas/ xogos coeducación.
  • E xoves 30 de xullo, na piscina municipal, xincana pola igualdade. Aberta aos nenos e nenas que estean nas instalacións e queiran participar.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...