Homesociedade113.000 euros para melloras nos polígonos do Saviñao e Monforte

113.000 euros para melloras nos polígonos do Saviñao e Monforte

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de resolver a orde de axudas a concellos para financiar melloras nas infraestruturas dos polígonos empresariais. Na provincia de Lugo concedéronse achegas que suman 434.800 euros para executar seis proxectos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta convocatoria a Xunta apoiará obras de mellora da rede viaria nos parques industriais de Cospeito, O Saviñao, Monforte de Lemos, Outeiro de Rei e Cervo. No Saviñao case 41.000 euros adicaranse a acondicionamento de accesos e melloras do parque empresarial do Peago. En Monforte case 73.000 destinaranse a mellora de infraestruturas viarias no Reboredo.

A través desta orde de axudas, a Xunta financia ata un máximo do 80% do custo global dos proxectos presentados polos concellos para executar melloras nos parques empresariais, incluídas as obras nas infraestruturas viarias; xestión de residuos; implantar plantas de depuración de augas, incluídos os colectores con verquido á depuradora municipal; instalar sistemas de seguridade e vixilancia, de protección destinados á loita contra incendios ou contra o roubo de cable. 

A axuda máxima é de 120.000 euros por solicitude, que pode alcanzar os 138.000 euros para os concellos procedentes de fusións ou agrupacións de concellos. Os Concellos Emprendedores teñen prioridade á hora de acceder ás axudas, outorgándolles unha maior puntuación nos criterios de valoración.

ÚLTIMAS

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...