HomesociedadeFin do mercadillo dos domingos no Parque dos Condes de Monforte

Fin do mercadillo dos domingos no Parque dos Condes de Monforte

O Concello de Monforte non autoriza de forma indefinida a instalación do mercadillo ambulante que habitualmente se celebraba os domingos no Parque dos Condes da cidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende fai aproximadamente unha década, todos os domingos, no Parque dos Condes de Monforte, na zona da pérgola e anexos, vense celebrando un mercadillo ao aire libre no que diversos vendedores e vendedoras realizan a venda ambulante de distintos tipos de produtos.

Dita actividade de venda ambulante carece de regulación e autorización municipal, tanto para a ocupación do dominio público, xa que o lugar onde se realiza é de titularidade municipal, coma para o propio exercicio da actividade de venda ambulante. Tal e como se deduce do informe da Secretaría Xeral do Concello para coñecer a situación xurídica deste mercadillo.

No Concello de Monforte de Lemos non existe ordenanza que regule a celebración deste mercadillo ao aire libre e, por outra banda, desde o concello lembran á veciñanza que teñen a posibilidade de realizar a compra deste tipo de produtos, polo sistema de venda ambulante, os días 6 e 24 de cada mes, na Feira que se celebra no Campo das Lamas.

O informe xurídico conclúe que tendo en conta que o mercado do parque dos Condes carece dos títulos habilitantes, resulta procedente ordear a súa non autorización, de forma indefinida.

En consecuencia, de acordo cos artigos 21 e 23 da Lei da Lei 7/1985, Reguladora das Bases do Réxime Local, 43, 44 e 114 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROF), aprobado por Real Decreto 2568/1986, e 13 da Lei 4/1999, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, por Decreto de Alcaldía resólvese “avocar a competencia delegada na Xunta de Goberno e non autorizar, de forma indefinida, a instalación do mercadillo ambulante que se celebra os domingos no Parque dos Condes do Concello de Monforte de Lemos”.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...