HomeCulturaMaría Solinha en terras de María Castaña

María Solinha en terras de María Castaña

O próximo luns 20 de xullo, estrearase en Cereixa, lugar natal de María Castaña na Pobra do Brollón, a película María Solinha, dirixida por Ignacio Vilar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A proxección será o luns 20 a partir das 21:30 nos Carballos, ao carón da igrexa parroquial de Cereixa. O uso de máscara será obrigatoria e respectaranse as distancias e medidas de seguridade necesarias. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.

Antes da proxección do filme, presentará o arqueólogo e historiador Xurxo Ayán, tamén natural de Cereixa, quen relacionará as dúas personaxes femininas que simbolizan a loita histórica do pobo contra o poder. Ademais do historiador, estará o director Ignacio Vilar, coñecido por outras películas de gran éxito como A Esmorga, Vilamor e Sicixia. Tamén estará presente a actriz protagonista Laura Míguez, que virá vestida de época, ademais dalgunha participación sorpresa. O público poderá participar nun photocall e falar cos participantes.

María Solinha trae ao presente a historia desta personaxe de Cangas do Morrazo que foi acusada no século XVII de bruxería e, segundo conta a lenda, queimada pola Inquisición. A película parte dun afamado director que chega a Cangas para reconstruír no teatro a historia de María Solinha. A protagonista da obra de teatro vai sufrir, no século XXI, ecos da agresión que sufriu María Solinha no século XVII.

O acto é promovido pola Deputación de Lugo coa colaboración do Concello da Pobra do Brollón.

ÚLTIMAS

Olga Novo participa nun acto coa ‘represión franquista contra a arte’ como protagonista

A voz da escritora Syra Alonso (A Coruña, 1899 – México, 1970) emerxe dende...

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...