HomesociedadeA máscara en Galicia desde este domingo

A máscara en Galicia desde este domingo

A máscara en bares só se pode retirar no momento de consumir, o resto do tempo debe estar posta. Nas praias e piscinas non será necesario este elemento no momento do baño ou se se permanece nun espazo determinado, sen desprazarse. No entanto, "será obrigatorio o uso de máscara para os accesos, desprazamentos e paseos" nestes espazos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta ampliou a obrigatoriedade do uso de máscara, que debe levar forma xeral aínda que se poida manter a distancia de seguridade, e requirirá que este elemento se empregar cando se estea en bares e restaurantes, onde só se poderá retirar “no momento específico do consumo” e deberá volver colocarse o resto do tempo que se permaneza nestes locais ou nas súas terrazas.

Así consta na resolución da Consellería de Sanidade publicada este sábado no Diario Oficial de Galicia (DOG), que concreta as medidas anunciadas este venres polo presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, que avanzou que a máscara será obrigatoria en Galicia en todo momento, salvo algunhas excepcións, como o momento preciso do consumo en locais de hostalaría. Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...