HomesociedadePrevención contra incendios forestais no Incio

Prevención contra incendios forestais no Incio

O Incio agradece os traballos de roza que está acometendo o servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Servizo de prevención e defensa conta os incendios forestais (SPDCIF) dependente da Consellería do Medio Rural está actuando en pistas de Toldaos e Camiño Real ata Foilebar, así como en Hospital, Sirgueiros, Trascastro e algunha outra parroquia.

Son zonas que presentaban abondosa maleza, polo que a actuación permite acondicionalas e deixalas nun estado óptimo. Os traballos teñen como finalidade a prevención de incendios forestais e tamén mellorar os accesos aos propietarios forestais e gandeiros.

A actuación súmase ás tarefas de roza e acondicionamento que leva a cabo o Goberno municipal desde hai semanas, tanto con traballos a man como con maquinaria.

O Incio roza / concello do Incio

ÚLTIMAS

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...