HomesociedadeRematan 10 días de campamento deportivo para 72 nenos en Monforte

Rematan 10 días de campamento deportivo para 72 nenos en Monforte

Remata con éxito a primeira quenda do Campamento Deportivo de Verán organizado polo Concello de Monforte. Tras a finalización desta primeira quenda, o vindeiro luns día 27 de xullo tócalle o turno ós 47 nenos e nenas matriculados na segunda quenda, que se desenvolverá ata o venres 7 de agosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ó igual que na primeira quenda, o Concello vén de colgar na súa páxina web (http://www.monfortedelemos.es/gl/node/4853) diferentes documentos de interese que poden ser descargados para que os participantes na segunda quenda do Campamento Deportivo de Verán coñezan todos os aspectos relativos ó desenvolvemento da mesma, especialmente o protocolo de seguridade que se pon en marcha ante a Covid-19:

  •  A composición de cada un dos grupos e a instalación asignada.
  •  A programación de actividades da segunda quenda.
  •  Horarios do servizo de transporte.
  •  Protocolo de prevención do COVID-19 establecido. 
  •  As normas e recomendacións de participación no Campamento.  

Por outra banda, o Alcalde tamén informou de que aínda quedan prazas libres para matricularse na terceira quenda do Campamento que terá lugar entre o 10 e o 21 de agosto

As persoas interesadas en matricularse poderano facer a través da Oficina Municipal de Deportes, sita nas Casiñas da Compañía, ou ben enviando por correo electrónico ó enderezo deportes@concellodemonforte.com o formulario de matrícula que tamén se pode descargar a través da páxina web do Concello.

A data límite para realizar a matrícula na terceira quenda é o xoves 6 de agosto.

Alcalde, concluíu resaltando “que dende o Concello agardamos que o éxito acadado nesta primeira quenda do Campamento se faga extensivo na nova quenda que dá comezo este luns, na que seguiremos extremando as medidas de seguridade e hixiene ante o Coronavirus, para que todos os nenos e nenas participantes poidan disfrutar con seguridade dun variado número de actividades, tanto deportivas coma excursións e obradoiros, e poidan así poidan gozar dunhas vacacións activas practicando actividades lúdicas de xeito saudable”.

ÚLTIMAS

Preséntase o proxecto para a urbanización da Zona D

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

O humorista Alberte Montes presenta “Patrón” este 27 de decembro na Casa da Cultura de Monforte

Patrón é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura...

O pleno do CRDO quere reducir rendementos en viña e limitar novas plantacións

O pleno decidiu por unha banda solicitar unha modificación de prego de condicións en...

Xa se poden pedir permisos de queimas dende o móbil

Os usuarios e usuarias da aplicación móbil XuntaEu que seleccionen o botón “Contacta coa...