HomesociedadeBúscanse diferentes perfís para gravar unha película en Monforte

Búscanse diferentes perfís para gravar unha película en Monforte

A empresa Personal 7 ETT encargarase de seleccionar figurantes ou extras para unha produción a nivel nacional.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Monforte será o lugar escollido para a gravación dunha película nos vindeiros meses, tendo previsto que os traballos comecen o 19 de agosto para alongarse ata a primeira semana de outubro.

A empresa de traballo temporal Personal 7 ETT, do Grupo Constant, busca diferentes perfís entre a poboación local “para que a rodaxe repercuta nos habitantes do municipio a nivel laboral” indica o responsable de levar a cabo os castings, Basilio Rodríguez.

Nos carteis que corren polas redes sociais e que están enviando aos medios, anuncian o proceso de selección e concretan que buscan avós e avoas; señores de 50 anos ou máis que superen o 1,75 metros de estatura e con talla de camisa XL ou XXL; homes e mulleres maiores de idade con pelo medio/longo sen piercings nin tatuaxes visibles; adolescentes de 14 a 18 anos con pelo medio longo de corte clásico, sen cortes modernos nin mechas, sen piercings nin tatuaxes visibles; menores entre 13 e 15 anos con calquera perfil e altura entre 1,60 e 1,65 metros; e meniños/as ata 8 meses.

Os/as interesadas contactar no correo basiliorodriguez@ext.grupoconstant.com ou a través do teléfono/Whatsapp 673223504. Os/as menores de idade deberán contactar a través dos seus pais ou titores legais.

ÚLTIMAS

II Encontro de correlacións empresariais no Polo de Emprendemento de Monforte

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Vázquez Guzmán, participou esta...

Narración oral e teatro familiar en Bóveda esta fin de semana

Dúas interesantes propostas culturais ocupan a axenda no Concello de Bóveda esta fin de...

Chantada, nove anos consecutivos obtendo “4 Flores de Honra” no certame Vilas en Flor

O movemento Vilas en Flor, promovido pola Fundación Juana de Vega, celebrou este venres...

Pontón compromete no primeiro día de campaña do BNG reforzar Monforte como nó ferroviario estratéxico

A portavoz nacional, Ana Pontón, comprometeu o traballo do BNG en Madrid para reforzar...