HomesociedadeAs análises impulsan o AOVE de Quiroga polo elevado contido en polifenoles

As análises impulsan o AOVE de Quiroga polo elevado contido en polifenoles

O contido total de polifenoles do aceite de oliva de Quiroga está entre os máis altos atopados en todo o mundo. Estes datos supoñen un impulso definitivo para a singularidade que se busca de cara a consecución da Denominación de Orixe Protexida que se está a tramitar para o aceite de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A mostra do Aceite de Oliva Virxe Extra (AOVE) do Concello de Quiroga enviada para a súa análise arroxou que o consumo diario de 20 gramos deste aceite aporta 19.1 mg. de polifenoles, 14 puntos por riba do mínimo establecido pola Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria  (EFSA). 

O Regulamento Europeo 432/2012, no que se establece unha lista de declaracións autorizadas das propiedades saudables dos alimentos establece que a inxestión diaria de 20 mg de aceite de oliva debe proporcionar un mínimo de 5 mg de hidroxitirosol, tirosol e derivados. 

Nesta mostra analizada o contido total de fenoles da declaración EFSA (hidroxitirosol, oleaceína, oleocantal, oleuropeína aglicona e ligustrósido aglicona) é de 949 mg/kg, o que sitúa ao aceite de Quiroga entre os primeiros de todo o mundo nesta substancia beneficiosa para a saúde.

Os responsables do Departamento de Química Analítica da Universidade Córdoba, organismo que realizou a análise da mostra e o seu informe, sinalaron que hai unha grande variedade de factores que inflúen na concentración de compostos fenólicos, entre os que destacan:

  • A variedade ou xenotipo.
  • Os factores agronómicos (como o rego e o índice de madurez do froito)
  • O estado saudable dos froitos e a adopción de prácticas hixiénicas dende a recolección ata o envasado.
  • Os factores tecnolóxicos (como o control da temperatura e o tempo de batidos ou a adición de auga)
  • O postprocesado: filtración, inertización, condicións de almacenamento e tempo de vida.

ÚLTIMAS

O RadioVisual do Patrimonio emitiu desde A Seara coa Fundación Legar e alumnado do CEIP de Quiroga

O Centro de Interpretación da Música de Raíz localizado na aldea da Seara é,...

O IES Lama das Quendas de Chantada estrea novo auditorio

Acompañaron ao conselleiro a xefa territorial de Educación da Xunta en Lugo, Sagrario Sánchez,...

A conselleira do Medio Rural falou no Círculo Saviñao sobre o futuro do agro galego

A conselleira detallou que en primeiro lugar está conseguir que o rural siga sendo...

Centeais, na parroquia de Montefurado, ‘revive’ coa celebración da súa festa

Moitas aldeas do sur de Lugo, por desgraza, están en perigo de extinción por...