HomesociedadeActividades alternativas para as ‘Festas de Verán’ en Quiroga

Actividades alternativas para as ‘Festas de Verán’ en Quiroga

Serán do 7 ao 10 de agosto cun programa dirixido a todos os públicos no que se inclúen actividades deportivas, actuacións musicais, maxia e animación de rúa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A situación derivada da Covid19 provocou a cancelación de verbenas e outros concertos que puidesen concentrar xente, co cal dende o Concello de Quiroga optaron por confeccionar un programa con actividades atractivas e variadas que encaixasen nos gustos de todo o público.

Dentro deste programa de ‘festas alternativas’ está a coñecida Mostra do Mel de Quiroga, que será o vindeiro 10 de agosto, coincidindo coa primeira feira do mes nesta vila.

O venres 7, das 12:00 h. ata as 22:00 h. terán lugar varios pases  do espectáculo de maxia “A volta a Galicia en 313 Concellos” a cargo do gran Mago Antón. Esta actividade realizarase dentro do seu espectacular “Magomóbil” con aforo limitado en varios pases ao longo do día e de xeito gratuíto para os asistentes. Esta actividade, contan dende o concello, conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través do programa “Cultura no Camiño”.

Os pases do espectáculo  están distribuídos  do seguinte xeito: pola mañá de dous pases ás 12:00 h e as 13:00 h. Xa pola tarde, haberá cinco pases dende as 18:00h ata as 22:00 h cada hora.

O sábado 8, ás 13:00 h., espectáculo de animación de rúa “Psycho-Delia” a cargo de Troula Animación. Tamén nesta actividade o Concello de Quiroga conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través do programa “Cultura no Camiño”. Este mesmo día a partir das 22:00 h. haberá un concerto a cargo de “Ardentía” na Praza de España, actividade con aforo limitado que conta coa colaboración da Deputación Provincial a través do Plan Provincial Único.

Para o domingo, día 9, está programada ás 11:00 h. unha alborada coa Unión Musical Val Miñor e concerto as 13:00 h. diante da Casa do Concello. Esta actividade conta coa colaboración da Deputación Provincial a través do Plan Provincial Único. Este mesmo día a partir das 12:00 h a Área de Deportes  organiza o Día da Bicicleta. Concentración de participantes na Praza España, 9 quilómetros de percorrido e sorteo dunha bicicleta entre os inscritos.

E xa o luns, día 10, terá lugar a XXIX Mostra do Mel de Quiroga. Os 4 postos de venda de mel de colleiteiros do val situaranse no recinto que se habilitará na Rúa Real e xunto a eles outros postos de artesanía e produtos da zona. A xornada estará amenizada pola charanga BB+ e os postos contarán coas medidas sanitarias necesarias para atender ao público con total seguridade.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...