HomePolíticaOs socialistas de Chantada alertan sobre o estado de abandono dos soares

Os socialistas de Chantada alertan sobre o estado de abandono dos soares

O PSdeG-PSOE de Chantada vén de presentar unha solicitude sobre a limpeza de soares no concello. Xa en xullo de 2015 debateuse en pleno unha moción presentada polo grupo socialista chantadino para que se levara a cabo unha revisión dos solares que se atoparan en estado de abandono.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No 2015 os socialistas instaran ó goberno do Concello a proceder á limpeza dos terreos no caso de que os propietarios non se fixeran cargo do seu mantemento. Do mesmo xeito, os custos dese traballo serían reclamados posteriormente aos titulares das fincas.

Esta solicitude reiterada toma unha especial importancia na situación actual, segundo o PSdeG-PSOE, “O estado de abandono que se observa en parcelas deixa ver a crecente maleza nas fincas, o que agrava a posibilidade de que existan pragas (ratas, insectos, etc) e tamén polo risco de desencadear un lume que poña en perigo á veciñanza”. O perigo acentúase tendo en conta que se trata de soares situados nos núcleo urbano e a carón de edificios.

Por todo isto, o grupo socialista chantadino continúa a reiterar, como vén facendo nos últimos 5 anos, a inspección dos soares. En caso de estar en mal estado, ínstase ó concello a que se proceda urxentemente a pór en marcha os trámites previstos na lei de prevención e defensa contra os incedios forestais en Galicia.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...