HomesociedadeFolgoso do Courel urxe a Movistar a mellorar a cobertura en Teixeira

Folgoso do Courel urxe a Movistar a mellorar a cobertura en Teixeira

O Concello de Folgoso do Courel urxe á empresa Movistar a mellorar o servizo de cobertura de telefonía móbil na localidade de Teixeira, situada ao norte do municipio, xa que é deficitaria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Goberno local súmase así ás queixas dos veciños e veciñas que veñen trasladando de xeito reiterado os problemas coa cobertura desde a instalación do novo repetidor. A rexedora, Lola Castro, recorda que a infraestrutura foi colocada en terreos de titularidade municipal co apoio da Xunta, pero agora correspóndelle á empresa garantir o seu correcto funcionamento.

Desde o Concello de Folgoso do Courel foron numerosas as chamadas que se lle fixeron á empresa, quen na última ocasión alegou unha avaría de gran complexidade técnica, tal e como recolleu a prensa. 

Desde o Goberno local agradecen axilidade para poñerlle fin a esta avaría que afecta aos veciños e veciñas tras varias semanas con importantes problemas de cobertura. Así, a rexedora enviará un novo escrito á empresa para que atendan as súas demandas.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...