HomesociedadeO foco do Incio segue estable tras os 65 contaxiados e dous...

O foco do Incio segue estable tras os 65 contaxiados e dous mortos

Publicado o

- Advertisement -

Os usuarios e traballadores de residencias infectados con COVID-19 en Galicia son un total de 85, un máis que o venres. Entre eles, hai 67 usuarios e 18 traballadores, segundo datos do Sergas deste sábado.

O brote na residencia da Fundación San Rosendo no Incio, intervida pola Xunta, mantense estable este sábado con 65 casos –57 maiores e oito empregados contaxiados–. Ademais, detectouse un traballador infectado na residencia DomusVi de Lalín e outro empregado do centro de discapacitados As Flores, en Ourense.

CIFRAS POR RESIDENCIAS

De tal forma, dos 67 usuarios infectados en Galicia, 57 están na residencia do Incio e 10 na de Culleredo.

Entre os 18 traballadores de residencias con COVID-19, hai oito no Incio e catro en Orpea de Culleredo. Ademais, hai un caso en cada unha das seguintes residencias: Paradela; San Bartolomeu de Xove; DomusVi de Barra de Miño, no municipio ourensán de Coles; na Domusvi de Lalín; e na de discapacitados As Flores de Ourense.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...