HomesociedadeJosé Tomé: "Estamos preocupados e pídolle á Xunta máis información"

José Tomé: “Estamos preocupados e pídolle á Xunta máis información”

A zona máis afectada é a rúa Duquesa de Alba.

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde de Monforte de Lemos, o socialista José Tomé, amosouse moi preocupado este xoves polo brote de COVID-19 no municipio e que afecta xa a máis de cen veciños. Por iso, pediulle á Xunta “unha maior fluidez na información”, unha inquietude que trasladou ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña.

Tomé dixo que “se están facendo probas en bastantes lugares de hostalaría, sobre todo a zona centro, do cal o Concello non foi informado pola Consellería de Sanidade”. “Decatámonos polos propios hostaleiros aos que se citaba telefonicamente e, ademais, dicíaselles que pechasen o establecemento ata ter o resultado da proba”, censurou.

“A situación a día de hoxe é de preocupación. Temos un brote importante, que supera os cen afectados. A sorte que temos é que son todos asintomáticos, a inmensa maioría é menor de 30 anos. Non hai ingresados en Monforte ninguén, só hai unha persoa maior que vén da residencia do Incio”, dixo.

Con todo, Tomé dixo que “bota de menos”, e así llo trasladou ao conselleiro co que falou o pasado venres, “unha maior fluidez na información”. “Informar é positivo para todos, non hai nada que esconder. Esperemos que con estas medidas e coa responsabilidade da xente podamos estar co pico practicamente a finais desta semana, ou o inicio da que vén. A partir de aí deberían de comezar a baixar os casos. O bo é que os brotes están localizados, son todos do mesmo ámbito e non hai zonas novas”, destacou.

A zona máis afectada é a rúa Duquesa de Alba, “aínda que poida que algún máis que tivo relación con esa cale pero o brote saíu de aí”, matizou o alcalde de Monforte.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...