HomesociedadeO Incio retoma o servizo de axuda no fogar

O Incio retoma o servizo de axuda no fogar

O Concello do Incio retomará "de maneira progresiva" o servizo de axuda no fogar, suspendido de maneira temporal o pasado xoves como medida de prevención a consecuencia do brote de coronavirus rexistrado na residencia de maiores.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As once traballadoras do servizo de axuda no fogar sometéronse a unha proba PCR que, en todos os casos, deu “un resultado negativo”. Tras coñecer esta información, o Goberno local decidiu retomar progresivamente o servizo na súa totalidade, que durante estes días seguiuse prestando “en todo momento” a persoas de “especial vulnerabilidade”.

En canto ao brote en si, este xoves non se coñeceron novos positivos no centro xeriátrico, xestionado pola Fundación San Rosendo, onde este mércores aumentou de maneira acusada o número de contaxios ata un total de 113 persoas afectadas, que se dividen en 26 traballadores e 87 residentes. Destes últimos, hai unha decena de pacientes ingresados no Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo ( HULA) e un máis no Hospital Comarcal de Monforte de Lemos.

Desde o Goberno local ofreceron en todo momento a súa “total colaboración” para todo aquilo que poidan necesitar a xerencia da residencia e a Xunta de Galicia, que interveu o centro a finais da pasada semana. Así mesmo, desde a Consellería de Sanidade confirmaron a Efe que ao longo destes días farase “un cribado entre os veciños” do municipio para “coñecer o alcance do brote” e “articular as medidas que correspondan”.

ÚLTIMAS

Éxito da carreira Xacorun e para o 3 de maio prepárase a Pretorian Race

No encontro avaliouse o éxito de participación que rexistrou un ano máis a primeira...

Cortes de rúas e ordenación do tráfico este 5 de abril en Monforte

Dende as 17:30 h ata as 20:00 h permanecerá pechado o tráfico de vehículos,...

O programa para a XXI Feira Medieval darase a coñecer na inauguración do ‘mercado temático’ da Praza de Abastos de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, inaugurará este sábado día 5 de abril ás...

Agreden a un árbitro menor de idade tras o partido entre o Calansancio e o Arenteiro

A familia dun árbitro de 16 anos presentou unha denuncia ante a Policía Nacional...