HomesociedadeOs socialistas do Saviñao demandan melloras no servizo de lixo e na...

Os socialistas do Saviñao demandan melloras no servizo de lixo e na rede de abastecemento

O Psoe do Saviñao presenta a pleno unha moción na que reclama melloras no servizo de recollida de lixo e na rede de canalización de auga que percorre o municipio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O voceiro socialista explica que “demandan unha modificación e mellora do contrato do servizo de recollida de lixo con especial atención á frecuencia de recollida, que inclúa a substitución de contedores defectuosos, o aumento de puntos de recollida onde sexa necesario e aumento de contedores onde exista incremento de poboación”.

Nesta mesma moción o Grupo socialista tamén demanda ao Concello “que faga unha substitución ou mellora da rede de canalización no servizo de traída de augas existente para evitar os cortes constantes que sofre a veciñanza, “xa que a rede ten máis de 30 anos en moitos tramos”, advirten.

O Voceiro socialista remarca que presenta esta iniciativa “xa que neste verán puidemos constatar tanto a acumulación de lixo nos contedores así como o atraso na súa recollida, e os constantes cortes no subministro de auga sen que o equipo de Goberno fixera nada, ou pola contra o fixera tarde e deficientemente”.

Moción protocolo inicio curso escolar

Outra moción do Psoe demanda un protocolo fronte ao este vindeiro curso escolar no Concello do Saviñao. A iniciativa inclúe unha batería de medidas para que “de forma inmediata se realicen reunións cos representantes do profesorado e das familias do alumnado para acadar un documento consensuado que permita afrontar o desenvolvemento do curso 2020-2021 coas máximas garantías posibles. Que se dote aos centros do profesorado e persoal suficiente para garantir unha actividade educativa correcta en calquera dos escenarios posibles que se poidan dar ao longo do próximo curso. Establecer unha reunión urxente coa Fegamp para valorar todos os recursos necesarios para o normal desenvolvemento do curso escolar, que se habiliten os fondos extraordinarios para que os incrementos de custes que deben asumir centros.”

ÚLTIMAS

Máis de mil persoas manifestáronse en Santiago de Compostela pola “paz e soberanía” de Venezuela

A concentración, convocada pola Asociación Galego-bolivariana Hugo Chávez (Agabo), foi secundada por sindicatos, asociacións...

O 12 de xaneiro abre o prazo para solicitar a participación no Coñece a túa Provincia

A Deputación de Lugo abre o luns, 12 de xaneiro, o prazo para solicitar...

Chantada fai balance dun concorrido Nadal

O Concello de Chantada pechou esta programación de Nadal cun día especial que tivo...

O Concello de Taboada fai un chamamento para reunir fotos antigas

O Concello de Taboada está difundindo unha iniciativa para que lle chegue a toda...