HomeComarca de SarriaHéctor Corujo, alcalde do Incio: "Hai moito medo e veciños atemorizados"

Héctor Corujo, alcalde do Incio: “Hai moito medo e veciños atemorizados”

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde do Incio, o popular Héctor Corujo, confesou que os veciños están “atemorizados” e viven “con medo” ante a proliferación de casos de COVID-19 na localidade, aínda que confiou en que o cribado permita descubrir que a incidencia do virus fóra da residencia de maiores é “pequena”.

O rexedor aproveitou para “lamentar” o falecemento do sétimo afectado polo virus nesta residencia, un home de 90 anos que se atopaba no Hospital Lucus Augusti e trasladou as súas condolencias ás familias de todos os afectados.

Tal e como apuntou o alcalde, a primeira fronte de COVID-19 na localidade é a residencia de anciáns, que rexistra 89 afectados e que se atopa intervida por Sanidade. Con todo, para coñecer o alcance do virus no propio municipio, ao longo deste martes desenvólvense 200 probas de cribado entre veciños.

Residencia do Incio / Eliseo Trigo (EFE)

“O que se trata de pescudar é ata que punto saltou (o virus) e que incidencia ten no concello, que parece que vai ser pequena, segundo os datos”, destacou alcalde. “A situación non a esperaba ninguén, foi unha sorpresa”, concluíu.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...