HomeCulturaIntensa programación cultural en Ribas de Sil

Intensa programación cultural en Ribas de Sil

No que resta de mes o concello ten programadas diversas actividades culturais e de ocio para todos os públicos e en diferentes localizacións da vila.

Publicado o

- Advertisement -

Roberto Castro, tenente alcalde e concelleiro de cultura, ten claro que xestionando ben os cartos pódese confeccionar unha programación cultural interesante e variada. Segundo el “non se trata de gastar moito en grandes cachés e grandes espectáculos e despois non facer nada durante o ano, a idea é seleccionar propostas económicas e de calidade para ter un abano máis amplo de alternativas e que cubran todas as épocas do ano”.

Ribas de Sil é un concello pequeno pero trata de ter contidos culturais todo o ano, agora ben, chegado o verán reforza a programación pois hai máis demanda pola chegada de familiares e turistas a esta zona da Ribeira Sacra.

Para esta recta final de xullo hai unha programación moi intensa con actividades variadas e para todos os públicos que terán lugar en diferentes localizacións de San Clodio, a capitalidade do concello.

Hoxe venres haberá “Cine na rúa” onde o Pub Celta, mañá sábado 21 ás 22:00 h. espectáculo de maxia “O Mago Carlos” a cargo de Carlos Armesto, un mago da Comarca de Lemos, moi retranqueiro  e que sorprende pola súa empatía e o sentido do humor.

O Mago Carlos. Foro: Emilio Romanos

Para o domingo 22 no anfiteatro da Praia Fluvial está programado o espectáculo “Mar adiante! Filipa cos contos”, unha sesión “filipante” de contos para toda a familia. Historias tradicionais, música e humor a cargo de dous contadores, o actor Fran Campos e a súa amiga, a señora Filipa.

Xa para a semana seguinte, o venres 27 nova sesión de “cine na rúa”, neste caso onde o Bar Las Vegas, o sábado 28 unha sesión musical a cargo do dúo  “Yoantoni” (violín e piano), e para rematar o mes cultural o domingo 29 monicreques a cargo da compañía Mircromina Títeres co seu espectáuclo “A familia unida”.

ÚLTIMAS

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...