HomesociedadeDevolución de entradas do Esmorga Fest

Devolución de entradas do Esmorga Fest

Desde este martes e ata 27 de novembro está aberto o prazo para a devolución das entradas do Esmorga Fest.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde a dirección do Esmorga Fest agradecen a todo o mundo o apoio amosado desde que tiveron que anunciar o primeiro aprazamento, xusto o día antes de comezar coa VI edición, e agora coa cancelación definitiva.

Xa que moitas das persoas que ían acudir comunicaron que non querían recibir o reembolso das entradas, infórmase do procedemento para a devolución: enviar un correo á dirección: entradas@esmorgafest.com indicando o nome e apelidos, número de entradas e o número do pedido (verédelo no mail que se vos enviou coas entradas).

Nun prazo máximo de 14 días emitirase o reembolso completo, con gastos de xestión incluídos. Para as entradas adquiridas nos puntos de venda físicos haberá que escribir un email, co número de entradas a devolver, e indicar como proceder coa devolución.

ÚLTIMAS

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...