HomePolítica"A Xunta ten que deixar de mentir e dar unha solución ao...

“A Xunta ten que deixar de mentir e dar unha solución ao alumnado do Frei Luis de Granada”, esixe o BNG

O Bng de Sarria valora o informe elaborado polo Concello sobre Escola Fogar como unha proba máis da "tomadura de pelo" da Xunta de Galiza ás familias e ao alumnado do CEIP Frei Luis de Granada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O voceiro municipal, Efrén Castro, subliñou que “o BNG leva tempo denunciando que o edificio non está en condicións para acoller ao alumnado xa que, como ratifica o informe, non cumpre coa normativa en aspectos tan importantes como a seguridade fronte a incendios ou a accesibilidade, e tampouco conta con espacios tan necesarios como biblioteca, ximnasio ou patio”.

“A Xunta de Galiza ten que deixar de mentir e dar unha solucion a este problema facilitando ao alumnado un espazo digno e que cumpla coa legalidade”, explicou o voceiro da formación nacionalista, que apoiou desde o inicio a loita da comunidade educativa para conseguir unha reubicación alternativa á imposta polo goberno galego.

O BNG levou as reivindicacións das familias ao Parlamento a través dunha iniciativa da deputada Carme Aira que reiterou “que o goberno galego non toma en serio os problemas que ten Sarria cos centros educativos”. A deputada parlamentaria lembrou que ” na súa resposta á problemática da Escola Fogar, o conselleiro negou os problemas que agora se confirman” polo que o emprazou a “ver as condicións do edifico cos seus propios ollos e deixar de tomar o pelo á xente de Sarria”. 

ÚLTIMAS

Está a arder Roxe de Sebes?

Em Soldom contarom-nos que naquela altura houvo quem pensou que César que podia ser...

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...