HomesociedadeBus urbano de balde en Monforte para ir ao cemiterio o 1...

Bus urbano de balde en Monforte para ir ao cemiterio o 1 de novembro

O Autobús Municipal gratuíto operará nun horario especial de mañá e tarde para dar cobertura a todas aquelas persoas que queiran acudir ese día ó Cemiterio Municipal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O servizo, que será de carácter gratuíto, dará comezo cunha primeira saída pola mañá de Ribasaltas ás 10:25 horas, tendo como última saída ás 13:00 horas dende o Cemiterio. Pola tarde iniciará o seu percorrido dende Ribasaltas ás 15:25, tendo a última saída do Cemiterio ás 17:00 horas. Deste xeito, as frecuencias son as seguintes:

  • 10:25 h.- saída de Ribasaltas ; 10.55 h.- chegada a Cemiterio; 11:00 h.- saída de Cemiterio.
  • 11:25 h.- saída de Ribasaltas ; 11.55 h.- chegada a Cemiterio; 12:00 h.- saída de Cemiterio.
  • 12:25 h.- saída de Ribasaltas ; 12.55 h.- chegada a Cemiterio; 13:00 h.- saída de Cemiterio.
  • 15:25 h.- saída de Ribasaltas ; 15.55 h.- chegada a Cemiterio; 16:00 h.- saída de Cemiterio.
  • 16:25 h.- saída de Ribasaltas ; 16.55 h.- chegada a Cemiterio; 17:00 h.- saída de Cemiterio.

Dende o Concello recórdase a todos os cidadáns que, para o uso do autobús, deberán respectarse as normas de seguridade e saúde determinadas polas autoridades sanitarias especificamente para os transportes públicos, e que figuran expostas mediante carteis informativos no propio Bus Urbano. 

Da mesma maneira, o Cemiterio Municipal contará con normas específicas que rexerán o seu funcionamento, e ademais o horario do Cemiterio Municipal amplíase para os días 31 de outubro, 1 e 2 de novembro, sendo de 9:00 a 20:00 horas, de xeito ininterrompido.

Cemiterio de Piñeira e cemiterios parroquiais

Do mesmo xeito, o Equipo de Goberno tamén establecerá un protocolo de seguridade para o Cemiterio de Piñeira, que estará supervisado por persoal municipal, tanto para velar polo control de aforos, como para que se respecten as medidas establecidas polas autoridades sanitarias. O horario deste cemiterio municipal de Piñeira será de 9:00 a 20:00 horas.

Dende o Concello recórdase a todas aquelas persoas que acudan nestes días ó resto de cemiterios parroquiais de Monforte, que deben seguir respectándose as medidas de seguridade e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19, en especial o distanciamento social e o uso obrigatorio de máscara.

ÚLTIMAS

Quere o teu mercado desenvolveuse este sábado na Praza de Abastos de Monforte

Como parte da promoción, dende o Concello de Monforte, organizaron unha degustación de produtos...

D 4 ao 6 de xullo celébrase a VII edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A montaxe e deseño dos stands, continúa a liña de edicións anteriores, pero modifícase...

Rematan os traballos de acondicionamento do Bolo de Betote, en Sarria

A Xunta acaba de executar unha actuación para acondicionar e poñer en valor o...

Un novo éxito para a edición de 2025 de ‘Marida Maio’

As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, coñecidas como Marida Maio, celebraron este pasado xoves...