HomePolíticaAgroma Sober a prol da cobertura total do ensino infantil de 0-3...

Agroma Sober a prol da cobertura total do ensino infantil de 0-3 anos

Ademais desta medida que piden trasladar á Xunta, instarán ao Pleno do Concello de Sober a dispor as medidas necesarias para garantir a gratuidade da atención educativa do segundo ou segunda filla no PAI; e tamén que impulse unha Mesa de Traballo para equiparar as condicións das escolas infantís en todo o sur de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En Agroma Sober están convencidas de que “a universalización do ensino infantil é unha ferramenta para a conciliación, igualdade real de homes e mulleres (que maioritariamente asumen os coidados) e acceso temperán á educación por parte da infancia”, e que este tipo de medidas “combate as desigualdades, a pobreza infantil e as súas consecuencias”.

O panorama actual en Galiza descríbeno moi ben. Non hai unha rede pública universal gratuíta, co cal hai disparidade de acceso a este servizo en función do territorio no que se viva. Ademais, a medida da gratuidade da escola infantil para a segunda filla ou o segundo fillo matriculada/o, implantada este ano, é desigual (aplícase a calquera renda) e non opera en todas as escolas, co cal hai unha desigualdade de acceso a esta disposición. Explican, por exemplo, que en Pantón, con escola autonómica, está xa en vigor; e en Sober, con escola municipal, non.

Neste senso apuntan que “a maioría de Concellos non poden incluír, se é o caso, esta medida de gratuidade de segundo fillo ata a elaboración dos Orzamentos de 2021, mentres que a medida nas escolas da Xunta e nas prazas concertadas en centros privados está en vigor dende abril”. Ademais, a medida queda a criterio dos Concellos. Deste xeito, a FEGAMP alertou á Xunta de que se producen situacións de disparidade, con “desigualdade entre concellos con garderías autonómicas e outros con municipais”.

En todo o sur de Lugo só hai 258 prazas públicas en escolas infantís da Xunta, máis 5 en Casa Niño, unha situación que demostra a necesidade de cobertura de prazas tendo en conta que no 2019 este territorio tiña 1.267 nenos e nenas de 0-4 anos.

En atención a esta necesidade de garantir un ensino infantil de carácter público e gratuíto no tramo de 0-3 anos, e pensando tamén na conciliación familiar, Agroma Sober proporá ao Pleno a adopción das seguintes medidas:

1. Instar ao Goberno Local a dispor as medidas necesarias para garantir a gratuidade da atención educativa do segundo ou segunda filla no PAI municipal de Sober, conforme ao disposto na Lei 7/2019, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, previa aclaración de se os PAI (equivalentes escolas infantís en concellos pequenos, coma Sober) son considerados, a efectos desta lei, escolas infantís.

2. Trasladar á Xunta a necesidade de acadar a universalización da atención educativa de 0 a 3 anos, como servizo público para a conciliación e para a educación da infancia, dependente integramente da Administración Autonómica.

3. Trasladar ao Goberno do Estado a necesidade de acadar o aumento dos permisos retribuídos por maternidade e paternidade ata un ano de duración.

4. Impulsar unha Mesa de Traballo entre os Concellos da zona sur de Lugo para facer unha proposta de homologación das condicións das escolas infantís en todo o sur de Lugo solicitar á Xunta máis prazas de escolas infantís ata cubrir a demanda existente e as previsións a futuro.

ÚLTIMAS

Do 23 ao 25 de outubro Monforte acolle as Xornadas Lactouras

As Xornadas comezan este xoves, 23 de outubro, cunha exhibición gastronómica e degustación a...

‘Día de Bruxas’: unha emotiva e máxica xornada que homenaxeou á ‘Meiga de Torbeo’

A aldea de Torbeo foi, o pasado 18 de outubro, protagonista dunha xornada cultural...

Comeza unha nova tempada do Programa Integrado de Emprego de Chantada

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada (PIE) inicia a súa actividade...

A Pobra do Brollón celebra o Día da Biblioteca con actividades o 23 e 24 de outubro

Andrea Nunes Brións, nada en 1984 en Marín, é activista, escritora e profesora de...