HomeMedio ambiente e PatrimonioSober traballa nunha ruta cultural que conecte igrexas

Sober traballa nunha ruta cultural que conecte igrexas

Avanzan a moi bo ritmo os traballos de restauración das pinturas renacentistas da Igrexa de San Xiao de Lobios, en Sober. O equipo de restauradores que dirixe María Dolores Lago leva xa varias semanas de traballo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actuación en San Xiao de Lobios é financiada pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia e conta cun orzamento de 54.215 euros. É unha operación cofinanciada pola Unión Europea a través do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020.

Os traballos no interior do templo van permitir recuperar as pinturas que se conservan no muro norte e no arco triunfal e algún fragmento do muro sur.

Ruta cultural

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, explica que coa recuperación destas pinturas, xunto coas recentemente rematadas en San Vicente de Pinol e as recuperadas a principios do 2000 en Santa María de Proendos, o Concello de Sober pretende facer unha ruta cultural.

A igrexa de San Xiao de Lobios é un dos mellores exemplos de arquitectura tardorrománica que se conservan na Ribeira Sacra. A igrexa, que pertenceu a un antigo mosteiro de monxas beneditinas, data do século XIII e está conformada pola ábsida e unha nave onde se desenvolve sobre os seus parámetros dous ciclos.

As pinturas murais desenvólvense no muro norte, no arco triunfal e pequenos fragmentos no muro sur baixo varias mans de caleados ocultándoas case na súa totalidade.  A intervención ten como finalidade a súa posta en valor co medidas correctivas, de conservación e restauración que se completarán cos estudos históricos, toma de datos e analíticas e a restauración propiamente dita co desencalado, consolidacións do morteiro e policromías, estabilizando os danos e proporcionando unha lectura adecuada dos parámetros polícromos.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...