HomesociedadeEntrega dos premios Días Azuis do comercio galego en Sarria

Entrega dos premios Días Azuis do comercio galego en Sarria

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria – CCU Sarria, vén de facer a entrega dos premios que obtivo o CCU coa campaña "Días Azuis do comercio galego", unha iniciativa da Federación Galega de Comercio e a Xunta, en colaboración co Centro Comercial Urbano de Sarria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A iniciativa desenvolveuse no pasado mes de setembro, entre os días 14 e 30 de setembro, na que participaron os clientes do CCU de Sarria que mercaron nestas datas e rexistraron a súa compra. Sortearonse un total de 16.000 euros repartidos en tarxetas prepago de 300 € e 150 € en toda Galicia, que volverán a ser gastados no comercio de proximidade.

Dende ACES e tendo en conta o momento de crise sanitaria pola COVID-19, amosan a súa satisfacción cos resultados obtidos nesta campaña, reflexo da gran implicación e participación dos comerciantes e clientes sarrianos. Os premios foron para:

 – Clara García Arza premiada por unha compra en Dimar con 300 €, 

–  Maira López Fernández premiada por unha compra na Xoiería Díaz con 150 €,

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...