HomesociedadePapá Noel visitará os domicilios dos nenos no Saviñao

Papá Noel visitará os domicilios dos nenos no Saviñao

O Concello do Saviñao achegará este Nadal a Papá Noel ao domicilio dos nenos e nenas do municipio aos que entregará un agasallo co obxectivo de contribuír a que este Nadal sexa máxico.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As persoas interesadas en que Papá Noel visite as súas casas este Nadal deberán solicitalo na Casa do Concello ou a través do teléfono 982 45 20 61 antes do 11 de decembro.

O alcalde, Carlos Armesto, explica que “os nenos e nenas que se apunten deberán saír a recibir a Papá Noel á porta do seu domicilio”. 

Papá Noel cumprirá tamén as medidas de prevención fronte á covid-19 establecidas polas autoridades sanitarias como é o uso da máscara e de xel hidroalcólico, ademais de manter o máximo posible a distancia de seguridade entre as persoas. Neste sentido, o rexedor recorda aos veciños a importancia de cumprir con estas medidas para evitar posibles contaxios. 

En función da evolución da pandemia, pode haber variacións na programación desta actividade.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...