HomeMedio ambiente e PatrimonioVisitas inmersivas ao Pazo de Tor

Visitas inmersivas ao Pazo de Tor

A Rede Museística Provincial presentou a programación para o mes de novembro, que incide na aposta polo uso das tecnoloxías e dos recursos en liña para continuar coa labor expositiva e divulgativa que se desenvolve desde os catro museos provinciais, o Museo Provincial de Lugo, o Museo Provincial do Mar de San Cibrao, o Museo Fortaleza de San Paio de Narla, en Friol, e o Pazo de Tor, en Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vindeiro 16 de novembro, coincidindo co Día do Patrimonio Mundial e Natural, porase en funcionamento unha plataforma multicanal, que aglutinará todos os contidos e propostas en liña que se ofrecerán desde a Rede Museística, entre elas as actividades didácticas orientadas á comunidade comunidade educativa.

Entre as propostas máis novidosas, atópanse as visitas inmersivas, que ofrecen a posibilidade de coñecer os fondos, coleccións e exposicións dos museos provinciais a través dun percorrido virtual.

A xerente da Rede Museística, Encarna Lago, explicou que  “non se trata de percorridos virtuais ao uso, senon de visitas temáticas, deseñadas e guiadas polo persoal da rede que acompañará ás persoas usuarias nesa experiencia inmersiva”. Tamén incidiu “na precisión do traballo técnico das vistas en 3D,  realizadas cun escáner de última xeración”.

Ademais do formato en liña, a Rede ofrece visitas audiodescritivas a través de chamadas telefónicas, “unha alternativa pensada para as persoas que non manexan a Internet, para facer fronte á brecha dixital entre xeneracións”, engadiu Encarna Lago que propuxo estas actividades como recurso para “residencias e centros de maiores ou asociacións e profesionais que traballen coas persoas de máis idade”.

A  vicepresidenta e deputada de Cultura, Maite Ferreiro, valorou a “a capacidade do persoal dos museos para adaptarse á situación sanitaria na que nos atopamos e seguir ofrecendo contidos interesantes tanto para a comunidade educativa como para o resto dos públicos” e animou a “aproveitar estes recursos para achegarse ao patrimonio e as manifestacións culturais que gardan os museos provinciais”.

As visitas inmersivas, que a partir do 16 de novembro se poderán solicitar a través da propia plataforma, están dispoñibles xa, previa concertación a través dos teléfonos de contacto dos catro museos.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...