HomesociedadeA Xunta entrega o día 13 na D.O. Ribeira Sacra os premios...

A Xunta entrega o día 13 na D.O. Ribeira Sacra os premios da Cata de Galicia

A Xunta desprázase desde este xoves ás sedes dos consellos reguladores das denominacións de orixe vitivinícolas para poder entregar de xeito individualizado os premios das Catas de Galicia. Cumprindo así de xeito estrito coas medidas sanitarias pola covid-19.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Representantes da Consellería do Medio Rural estarán o venres, 13 de novembro, pola tarde na D.O. Ribeira Sacra. O xoves 19 de novembro desvelarase na Cidade da Cultura de Santiago a identidade do mellor viño branco e do mellor viño tinto da nosa comunidade neste ano 2020, ao tempo que se entregarán os Potes desta edición ás mellores augardentes e licores tradicionais de Galicia.

Os gañadores de cada categoría foron elixidos tras un rigoroso proceso de cata a cegas levado a cabo durante cinco días -entre o 26 e 30 de outubro- por un total de 21 expertos, 14 deles encargados de valorar os viños e outros sete encomendados para as augardentes e licores tradicionais. Así, tras a criba inicial, este panel de profesionais tivo que escoller entre 348 mostras de tintos e brancos pertencentes a 143 adegas e entre outras 25 de augardente, licor de herbas ou licor café correspondentes a oito empresas galegas. 

A través das Catas de Galicia, a Consellería do Medio Rural recalca a importancia de promocionar, identificar e premiar os mellores viños, augardentes e licores galegos, elaborados fundamentalmente con uvas de variedades autóctonas.

Búscase así dar visibilidade a todos estes produtos dotados dunha personalidade e carácter únicos dentro e fóra de Galicia, grazas ao saber facer secular dos nosos bodegueiros e augardenteiros.  

ÚLTIMAS

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...