HomeTerra de LemosMonforteMorre munha muller ao caer nun pozo de purín en Monforte

Morre munha muller ao caer nun pozo de purín en Monforte

Publicado o

- Advertisement -

Unha muller de 65 anos morreu na tarde deste mércores logo de precipitarse ao interior dun pozo de xurro tras un accidente cun tractor que conducía.

Os feitos tiveron lugar na parroquia de Vilamarín, sobre as 15.00 horas, cando a muller conducía un tractor que, por razóns que se descoñecen, emborcou quedando no interior do pozo onde tamén apareceu o corpo da muller.

Segundo as fontes consultadas, ao lugar dos feitos trasladouse o 061, dotacións da policía local e nacional e mesmo o alcalde da localidade, o socialista José Tomé Roca. Tamén unha pa retroexcavadora que axudou a sacar o tractor do pozo. O cadáver foi trasladado xa a Lugo para practicarlle mañá a autopsia.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...