HomesociedadeEspecialización en enoturismo no curso que promove a APEHL en Monforte

Especialización en enoturismo no curso que promove a APEHL en Monforte

Este mércores inaugurouse o Curso de Desenvolvemento e Xestión de Proxectos Enoturísticos que se desenvolve no Centro do Viño da R.S. e que promove a APEHL coa colaboración da Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No acto de presentación participaron a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio eTurismo, Pilar García Porto, o Presidente de APEHL, Cheché Real; a primeira tenente de Alcalde do Concello monfortino, Gloria Prada Rodríguez, e do director do Instituto Galego do Viño, Xoan Cannas.

O Instituto Galego do Viño, que dirixe Xoán Cannas, é o encargado de impartir estaactividade formativa ata o mes de decembro a case unha vintena de participantes. A maioría das persoas inscritas pertencen ao sector do turismo e hoteleiro. Tamén participan profesionais do sector servizos.

enoturismo curso / APEHL Monforte

O curso afondará en diversos aspectos da viticultura e servirá para capacitar ao alumnado en aspectos prácticos, como a elaboración de cartas de viños, a maridaxe, o servizo e xestión de sala, o traballo en adegas e a xestión do negocio. As persoas participantes poderán coñecer novas tendencias do mercado e aprender a crear, desenvolver e xestionar produtos enoturísticos coñecendo ferramentas de comercialización, de imaxe de marca, comunicación e enomarketing. O curso complétase con clases prácticas de catas de viños galegos e nacionais de diferentes denominacións de orixe. 

Esta actividade formativa enmárcase no convenio de colaboración polo que a Deputación de Lugo achega 60.000 euros a APEHL para apoiar este sector, gravemente afectado pola pandemia. 

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...