HomesociedadeO mellor tinto de Galicia é da D.O. Ribeira Sacra

O mellor tinto de Galicia é da D.O. Ribeira Sacra

Prómine Singular da D.O. Ribeira Sacra elexido mellor viño tinto de Galicia na XXXII edición da Cata dos Vinos de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na XXXII edición da Cata dos Vinos de Galicia, o viño Prómine Singular de Bodegas Petrón da D.O. Ribeira Sacra recolleu este xoves o Acio de Ouro ao mellor tinto de Galicia. Na entrega destes premios que se celebraba na cidade da cultura, o Presidente da D.O. Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, deixaba unha mensaxe de unidade, “Debemos manternos traballando unidos e con ilusión por seguir adiante.”

A pasada semana xa recibiran premios desta XXXII edición como os mellores de Galicia, 3 viños da D.O. Ribeira Sacra:

  • Acio de Ouro tinto Acivro de Adegas Salvadur S.L. na categoría de Viños de Colleiteiro e Pequenas adegas.
  • Acio de Ouro tinto, Acivro de Adegas Salvadur S.L. na categoría de Viños de Elaboracións con Madeira 
  • Acio de Prata tinto, Tradición de Adega Vella, Jorge Feijoo González, na categoría de Viños de Elaboracións con Madeira

Ademais dos premios a nivel galego, dentro da D.O. Ribeira Sacra resultaran premiados:

  • Acio de Ouro tinto: Prómine, de Bodegas Petrón S.L.
  • Acio de Plata tinto: Peza do Rei de Adega Cachín S.L.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...