HomesociedadeA provincia suma outros 55 novos contaxios de Covid en 24h

A provincia suma outros 55 novos contaxios de Covid en 24h

A taxa de positividade da área - 8,7% -está lonxe do limiar que marca a OMS para dar por controlada a pandemia - 5% -.

Publicado o

- Advertisement -

O total de casos activos na área de Lugo-Monforte-A Mariña sitúase en 1.139 pacientes contaxiados– 77 menos ca na xornada anterior – , de maneira que se mantén como a terceira área con máis casos logo de Vigo e A Coruña. Segundo consta nos datos actualizados este sábado pola Consellería de Sanidade, con cifras ata as 18,00 horas do venres, Lugo suma outros 55 novos contaxios nas últimas 24 horas.

Por primeira vez, a Xunta de Galicia ofrece este sábado datos municipais, unha información que negou ao longo da pandemia. Aínda así, Sanidade só ofrece os casos localizados nos últimos 14 díaz e non indica cifras concretas (senón aproximadas). sobre incidencia a 100.000 habitantes. Desta maneira, tal e como se desprende do mapa da Consellería na última actualización, sábese que os concellos máis afectados da provincia son o de Lugo, que conta con 331 casos activos, o de Vilalba, con 186; o de Sarria con 40; o de Burela con 39 e o de Guntín con 22.

No que respecta ás hospitalizacións, Lugo é a área onde máis aumentan os ingresados en centros hospitalarios, con tres persoas máis no HULA. Así pois, o Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) atende 31 pacientes en planta e cinco na UCI; o da Mariña coida de 8; e o de Monforte, de 5.

Por outra banda, no histórico da provincia documéntanse 117 falecementos relacionados coa pandemia, o que supón dous máis ca na xornada anterior. Ademais, ata o momento curáronse 4.576 pacientes e fixéronse 96.613 PCR, o que implica que na última xornada se realizaron 759 probas.

GALICIA

No conxunto de Galicia detectáronse 561 novos positivos por COVID-19en 24 horas, máis dun centenar menos que o día anterior, co que rompe a tendencia á alza observada nas últimas dúas xornadas. Isto é así grazas aos descensos que rexistraron a maioría de área sanitarias, fóra de Vigo e A Coruña-Cee, que subiron lixeiramente, e Pontevedra-O Salnés, que se mantivo.

Todos estes casos xurdiron por mor da realización de 7.089 PCR realizadas en 24 horas, unhas 200 máis que o día anterior e que situaron o total desde o inicio da pandemia en 840.867 probas. Iso si, a positividade baixou considerablemente, ata o 8,6%.

Con todo, Galicia atópase lonxe do limiar do 5% marcado pola Organización Mundial da Saúde(OMS) para dar por controlada a pandemia. Todas as áreas sanitarias superan esta porcentaxe, con Pontevedra liderando co 13% de positividade, seguida de Ferrol (10,4%), Vigo (9,6%), Lugo (8,7%), Santiago (7,5%), Ourense (6,7%) e A Coruña (5,2%).

ÚLTIMAS

O PP esixe explicacións a Tomé sobre os convenios coa CHMS

Os representantes do PP lucense nas Cortes Xerais do Estado advirten dunha “elevada suma...

265.000€ para que 12 concellos lucenses adquiran vehículos e maquinaria para a prevención de incendios forestais

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explicou que o Diario Oficial de Galicia...

Agroma Sober denuncia que “as causas estruturais dos lumes permanecen e a xestión territorial segue desaparecida”

Durante os meses de agosto e setembro o Concello de Sober enviou a propietarios...

Por Chantada presenta unha moción para a preservación da empanada do municipio

Por Chantada explica na moción presentada no concello, que nas últimas décadas e coa...