HomeMedio ambiente e PatrimonioCatálogo da Macromicobiota das Montañas do Courel

Catálogo da Macromicobiota das Montañas do Courel

O Catálogo da Macromicobiota das Montañas do Courel é unha iniciativa que se integra no conxunto de actuacións para o desenvolvemento do Micoturismo no Xeodestino Ancares-Courel e que se enmarca na colaboración que mantén a Deputación co Campus Terra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este catálogo encádrase na serie de Cadernos da Estación Científica do Courel, e constitúe un gran exemplo de traballo de investigación e divulgación do patrimonio natural da provincia. Dende a  Deputación de Lugo colaboran co Campus Terra e coa Estación Científica do Courel no estudo dos macrofungos das montañas orientais lucenses. Un estudo que busca a aplicación práctica do coñecemento no desenvolvemento de plans de aproveitamento sostible, así como no impulso do micoturismo e a micogastronomía.

Este traballo é unha aproximación ao coñecemento e catalogación da macromicobiota correspondente ás divisións Basidiomycota e Ascomycota das montañas do Courel, inventariando e describindo 410 taxons para o territorio, que xunto con 126 distintos taxons previamente citados por outros autores, e tamén recollidos neste traballo, fan un total de 536 taxons referenciados, un importante número reflexo da gran biodiversidade fúnxica das montañas do Courel, o que se corresponde coa diversidade xeolóxica, climática e florística deste territorio.

Dos 410 taxons descritos, 322 son primeiras citas publicadas para o territorio das montañas do Courel, 109 para a provincia de Lugo, 48 para Galicia, 5 para a Península Ibérica, e unha é primeira cita europea: Simocybe serrulata. O estudo realizouse durante algo máis de 3 anos (outono de 2016 ata finais 2019) de periódico traballo de prospección micolóxica no territorio, complementado nos laboratorios da Estación Científica do Courel e do departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra.

ÚLTIMAS

Nacen as “Papeiras”, galletas elaboradas no obrador das ‘Xianas’ de Taboada

Dos creadores das Galletas Xianas de Taboada, xorden agora as galletas “Papeiras”. Unha aposta...

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...