HomesociedadeO concello de Folgoso do Courel no 25N

O concello de Folgoso do Courel no 25N

Con motivo do 25N, Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller o concello de Folgoso do Courel fai unha declaración pública.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A declaración fíxose publica este martes despois do pleno e recolle o seguinte: “O Pacto de Estado contra a violencia de xénero, validado por unanimidade, supuxo un claro avance logrando unir a todas as forzas políticas e institucionais do país para mellorar a situación das mulleres vítimas e para loitar contra unha situación indigna para calquera sociedade, establecendo estratexias de sensibilización e prevención, atención, asesoramento, acompañamento e protección, sempre desde perspectivas integrais en todos os ámbitos, tales como o laboral, o educativo, o sanitario, o xurídico, o policial e o social.

A eliminación da violencia contra as mulleres é un reto de toda a sociedade, unha tarefa conxunta que require unha actuación unitaria e a máxima coordinación, colaboración e cooperación, sempre desde respecto ao réxime de distribución competencial en todas as accións que se desenvolvan, posto que o traballo que se realiza para conseguir a súa erradicación implica a multitude de axentes. 

Así, as Entidades Locais son para moitas mulleres o primeiro paso para saír do espazo da violencia. Polo tanto, desde o Concello de Folgoso do Courel manifestamos o noso compromiso como Administración Pública para liderar a loita contra a violencia de xénero mediante accións dirixidas a promover a igualdade entre mulleres e homes, como un valor social incuestionable para unha sociedade que se sustenta sobre a defensa do dereito irrenunciable da igualdade e a dignidade de todas as persoas.

Unha sociedade democrática non pode tolerar que as mulleres sexan discriminadas, sexan vítimas do machismo, da desigualdade, e da violencia, unha das principais causas de vulneración dos dereitos fundamentais e liberdades públicas, situacións totalmente inadmisibles nun Estado democrático e de dereito.”

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...