HomeCulturaProgramación de Nadal en Monforte

Programación de Nadal en Monforte

A programación do Nadal 2020 do Concello de Monforte inclúe teatro, música e actividades para nenos; programación que está condicionada pola incidencia da pandemia da Covid-19

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os máis pequenos da casa poderán volver a participar un ano máis no xa tradicional certame de poesía infantil “Nadal 2020”, da Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro.

Este ano, terá lugar a montaxe na sala de exposicións da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro dun Belén Hebreo a cargo de J. Antonio Davila, que permanecerá exposto dende o 16 de decembro de 2020 ó 14 de xaneiro de 2021 e que será inaugurado o mércores 16 de decembro ás 19:00 horas.

Da mesma maneira, como xa é tradición, a Asociación Albores será a encargada da decoración navideña do vestíbulo da Casa do Concello.

Ademais, hai outras citas que marcan a axenda deste Nadal en Monforte:

-Teatro para adultos, dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, coa representación das seguintes obras:

  • Curva España, da Compañía Chévere, o xoves 10 de decembro, ás 18 horas, no Edificio Multiusos.
  • Poeta en Nova York, da Compañía Teatro Baixo da Auga, o xoves 17 de decembro, ás 18 horas, no Edificio Multiusos.

-Teatro afeccionado, dentro do Programa Circuíto Teatro Afeccionado-Ciclo Argalladas, que organiza o Concello en colaboración coa Deputación de Lugo- Vicepresidencia, coa representación das seguintes obras:

  • As fillas de Eva, da Compañía Nova Escena Teatro, o domingo 13 de decembro, ás 20 horas, na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.
  • Hotel Desencanto, da Compañía Hipócrita Teatro, o sábado 19 de decembro, ás 20 horas, na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.

-O Apalpador visitará as rúas da cidade e a zona dos mercados-Praza de Abastos durante a mañá do xoves, 24 de decembro.

-Espectáculo para público infantil e familiar, coa representación da obra Animais de compañía, da Compañía Teatro do NoroesteSerá ás 18 horas o luns 28 de decembro na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.


-Espectáculo teatral para público familiar 
a cargo do actor Gabriel Prada, baixo o título de Quimera, o luns 4 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura Lois Pereiro

Campaña virtual “Queres falar cos Reis Magos?”

Todos aqueles nenos e nenas que queiran recibir a chamada en directo dos Reis Magos, deberán ser inscritos polos seus pais no portal www.nadal2020.es, ou no teléfono 641 585 245, entre o 25 de novembro e o 29 de decembro.

Todos os nenos e nenas inscritos recibirán individualmente a chamada dos Reis Magos, que se levará a cabo entre o 30 de decembro e o 5 de xaneiro, nun día e hora acordados en cada caso. 

Concurso de Decoración do Nadal e Escaparatismo

ÚLTIMAS

Preséntaselle aos concellos o proxecto Turembalses para potenciar o turismo de encoros

“Turembalses dotará ao turismo rural do noso territorio dun elemento de diversificación e atractivo,...

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...