HomesociedadePasos de peóns redutores de velocidade en Cruz do Incio e...

Pasos de peóns redutores de velocidade en Cruz do Incio e Laiosa

A Xunta introduce pasos de peóns redutores de velocidade nas travesías de Cruz do Incio e Laiosa para mellorar a seguridade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade introduciu redutores de velocidade en forma de pasos de peóns sobreelevados na estrada LU-644 ao seu paso polo municipio do Incio, en concreto dous na travesía de Laiosa e un na capitalidade, A Cruz do Incio. 

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, explicou que esta actuación executouse con cargo ao contrato de conservación e vialidade da zona sur de Lugo e contou cun orzamento de 15.300 euros. O obxectivo é mellorar a seguridade dos veciños e veciñas  logrando que os vehículos aminoren a velocidade cando cruzan ambas localidades.

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...