HomesociedadeO concello de Monforte gánalle a sentenza a Aqualia

O concello de Monforte gánalle a sentenza a Aqualia

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa da sentenza favorable ó Concello ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo Nº 2 de Lugo en relación co recurso interposto pola empresa FCC Aqualia sobre o pago das obras de renovación da rede de abastecemento das rúas Veiguiña, Ferrol e Santiago.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A sentenza desestima o recurso contencioso administrativo interposto pola empresa Aqualia contra o Concello de Monforte, polo que o Concello non ten que asumir os custes destas obras de renovación da rede de abastecemento das mencionadas rúas, cuxo importe ascendeu a 90.708,12 euros. A sentenza tamén supón a imposición de costas a Aqualia ata un máximo de 800 euros.

O recurso contra o Concello fora interposto pola empresa Aqualia contra o Acordo da Xunta de Goberno do Concello de Monforte, con data 18 de marzo de 2019, polo que se lle requiría a Aqualia a execución das obras de renovación da rede de abastecemento de augas antes de que o Concello porcedese a renovar o firme das citadas rúas. 

O Xulgado apoiase na literalidade das cláusulas establecidas no plego de condicións do contrato administrativo establecido entre ambas entidades no ano 2001, no que se especifica, no artigo 26.4 do citado Plego: “Las obras de mantenimiento y conservación de conducciones e instalaciones, así como las de renovación y/o sustitución de conducciones e instalaciones deterioradas o averiadas serán de cuenta del concesionario”.

O artigo 25 do Plego, en canto ó mantemento do servizo dispón que “Las obras e instalaciones que reciba el concesionario deben adecuarse en cada momento a las exigencias que implique la correcta prestación y gestión del servicio, corriendo a expensas del concesionario cuantos gastos se deriven de dicha adecuación”.

Alcalde asegura que segue co seu compromiso “de defender os intereses de todos os monfortinos e monfortinas con feitos palpables coma este, esixíndolle a Aqualia que cumpra coas súas responsabilidades,” e tamén espera que remate favorablemente para o Concello a demanda de 3,7 millóns de euros en investimentos que se reclamaron recentemente a Aqualia.

ÚLTIMAS

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...