HomesociedadeMedio millón de euros para renovar o traxecto entre Paradela e Currelos

Medio millón de euros para renovar o traxecto entre Paradela e Currelos

A institución provincial destina medio millón de euros á mellora e renovación do firme con aglomerado en quente dun total de 12,3 quilómetros de tres estradas provinciais, unha actuación coa que quedará completamente renovado o traxecto entre Paradela e Currelos, no concello do Saviñao.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O proxecto xa está elaborado e en proceso de licitación por un orzamento que ascende a 542.000€. De feito, hoxe mesmo reúnese a mesa de contratación para seleccionar a empresa adxudicataria das obras, para logo aprobar a adxudicación na Xunta de Goberno. 

A actuación consiste na reapertura e limpeza de cunetas, a rehabilitación do firme con aglomerado en quente, e o repintado da sinalización horizontal.

Concretamente, a institución provincial mellorará varios tramos do firme da LU-P-4201, de Pacios a Mosteirovello, dende os puntos quilométricos 0 ao 1,235, do 1,405 ao 1,810, e do 3,435 ao 4,200; da LU-P-4205, de Aldosende por Feasita a Foilebar, dende o 2,331 ao 5,924; e a LU-P-5818, da LU-P-4202 a Vila, dende o 0 ao 6,334. En total, a institución provincial acondicionará un total de 12,3 quilómetros da vía. 

Neste senso, o Presidente lembrou que estas actuacións en Paradela súmanse as xa feitas pola institución provincial con outros 105.000€ en 3 quilómetros de dúas estradas, na LU-P-4201, de Pacios a Mosteirovello, e a LU-P-4202, que vai de Pacios por Alosende a Currelos. 

Polo tanto, a institución destina 650.000€ á renovación de 15 quilómetros de estradas en Paradela, “o que reafirma o noso compromiso coa mellora das comunicacións viarias para avanzar cara a igualdade territorial e o desenvolvemento do rural, porque axuda a achegar servizos e aumentar a calidade de vida dos veciños e veciñas”, sinalou Tomé Roca. 

O Presidente explicou que a prioridade da Deputación é mellorar o firme das estradas provinciais, de máis de 4.200 quilómetros, e, unha vez que estean en bo estado, estudar, en función das particularidades de cada caso, outro tipo de actuacións.

Este compromiso da institución coa mellora da mobilidade reflíctese nos Orzamentos do ano 2021, que suben nun 14% os fondos para a mellora e a conservación de estradas, ata acadar os 16M€. “Trátase dun esforzo moi importante, tendo en conta que a Deputación de Lugo ten a rede de estradas máis extensa de todo o Estado, e tres veces máis que a da Xunta en Lugo”, asegurou.

ÚLTIMAS

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...