HomesociedadeNaturgy abre tenda en Sarria

Naturgy abre tenda en Sarria

A compañía enerxética reforza o servizo de atención na provincia de Lugo, onde xa conta cunha tenda na cidade da Muralla, unha en Foz e outra en Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A nova tenda de Naturgy en Sarria, estará situada en Rúa Calvo Sotelo, 48, con horario de luns a venres, de 9:30 a 13:30 e de 16:30 a 19:30. Este novo establecemento estará xestionado pola empresa colaboradora Eurojalno.

Cumprindo coa normativa de seguridade deseñada polas administracións, a atención a clientes en Galicia realízase sen cita previa, pero determinouse aforo limitado nas tendas. Reconfiguráronse os espazos para garantir distancias de 2 metros tanto nas zonas de espera como nos postos de atención. Dado que se trata de espazos pechados, lémbrase o uso obrigatorio de máscaras por parte dos clientes e os empregados.

Todas as tendas Naturgy contarán con xel hidroalcohólico, e paneis informativos sobre as medidas de seguridade, así mesmo implementouse un novo método de xestión de residuos baseado en dispositivos de pedal no que depositar equipos de protección. Os servizos de limpeza tamén se reforzaron en cada un dos centros.

ÚLTIMAS

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...

O Multiusos de Monforte acolle este 12 de novembro a representación de “A Metamorfose”

O teatro regresa este xoves, 12 de novembro, ás 20:15 horas, ao Edificio Multiusos...